Resumen:
|
[Resumo] A responsabilidade social empresarial (RSE) comeza a ser un dos ámbitos importantes dentro dunha empresa, como noutros días o foron a prevención de riscos laborais ou a calidade. No entanto, os estudos en entidades sen ánimo de lucro son escasos. Por tal motivo, este traballo pretende analizar e diagnosticar a RSE nunha asociación de empresarios galega. Neste sentido, considéranse os aspectos legais, identifícanse os grupos de interese mediante as matrices de importancia-influencia e impacto-probabilidade, lévase a cabo un diagnóstico de percepcións e cuantitativo da situación actual da entidade e, finalmente, realízase unha análise das súas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades. As conclusións permiten determinar cales son os focos en termos de RSE que a organización pode mellorar no futuro.
[Abstract] Corporate Social Responsibility (CSR) is becoming one of the most important fields in a company, as risk prevention and quality were years ago. However, there are not enough studies about non-profit organizations. This is the main reason why the present study will analyse the CSR in a Galician association of entrepreneurs. In this regard, several aspects can be considered: legal issues, stakeholders (importance-influence matrix and impactprobability matrix), insight and quantitative study and, finally, the SWOT (Strengths, Weaknesses, Opportunities and Threats) analysis. Conclusions determine where the focus in CSR terms should be in the future.
|