Título: | O alumnado axudante como figura chave para a construción dunha convivencia positiva : The student assistant as a key figure for the construction of a positive coexistence |
Autores: | Permuy-Martínez, Aixa ; Méndez-Lois, María José ; Barreiro-Fernández, Felicidad |
Tipo de documento: | texto impreso |
Editorial: | Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións, 2015-10-21 |
Dimensiones: | application/pdf |
Nota general: |
Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación; Vol. Extr., núm. 02 (2015) - XIII CIG-PP; 057-059 Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación; Vol. Extr., núm. 02 (2015) - XIII CIG-PP; 057-059 Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación; Vol. Extr., núm. 02 (2015) - XIII CIG-PP; 057-059 Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación; Vol. Extr., núm. 02 (2015) - XIII CIG-PP; 057-059 Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación; Vol. Extr., núm. 02 (2015) - XIII CIG-PP; 057-059 2386-7418 10.17979/reipe.2015.0.02 |
Idiomas: | Español |
Palabras clave: | XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 2: CONFLICTOS Y MEDIACIÓN ESCOLAR |
Resumen: |
Esta comunicación relata a experiencia do curso de formación de alumnado axudante, levado a cabo con rapaces e rapazas do 1º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do IES “Parga Pondal” de Carballo, organizado polo propio Centro, en colaboración co Seminario de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU) do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), durante este curso académico 2014/2015. O obxectivo desta actividade era proporcionar ao alumnado, que asiste voluntariamente á formación, os coñecementos básicos relativos ás funcións, destrezas, ferramentas e estratexias de intervención dos e das axudantes. Así, a formación organizouse en dous módulos temáticos: un primeiro sobre as funcións deste alumnado axudante (dun total de 3 horas); e un segundo sobre o adestramento en destrezas e competencias para a función de axudante (de 6 horas de duración). Estas sesións deron como resultado a constitución dun grupo de traballo no que se abordaron diferentes cuestións sobre a vida no centro escolar, os conflitos e a súa resolución, as relacións entre adolescentes e as posibilidades de acción, como alumno ou alumna, para contribuir ao benestar individual e grupal na aula. Poden referirse moitas razóns que fan precisa e pertinente a posta en marcha de sistemas de apoio e axuda entre iguais na ESO, pero fundamentalmente, como resposta ante as necesidades diarias dos centros escolares, estarían: unha atención simétrica e inclusiva á diversidade, a mellora do clima de convivencia a través da autoxestión e resolución dos conflitos, o fomento da educación en valores, e o recoñecemento e a promoción de modelos de comportamento solidarios, colaborativos e positivos entre os rapaces e as rapazas. O alumnado axudante posibilita a posta en valor dun gran recurso humano, o propio alumando, demostrando ademáis que esta ferramenta de sostén entre iguais, a favor da convivencia positiva e respectuosa, promove ese requisito tan fundamental, tanto para a aprendizaxe como para o desenvolvemento integral dos rapaces e das rapazas, a mellora do clima no centro e a cohesión afectiva dos grupos. En palabras de Santos Guerra, cit. en Navarro (2011, 17), “cando existe un conflito, por exemplo, pouco se poderá aprender se as actitudes son disgregadoras”; así, a figura do alumno e da alumna axudante actúa como mecanismo chave para o fomento das aprendizaxes nun contexto de benestar. This paper describes the experience of the training of assistant students conducted in the first year of Secondary Education in school "Parga Pondal" of the town of Carballo, on the staff of the Seminary of Emotionality, Gender and Human Development Institute Science Education at the University of Santiago de Compostela, during the course 2014/2015. The objective of this activity was to provide students with basic knowledge of the functions, skills, tools and intervention strategies attendees. Sessions will address issues such as relations at the Center, conflict and its resolution, the possibilities of action of attending students to contribute to the positive coexistence... |
En línea: | https://revistas.udc.es/index.php/reipe/article/view/reipe.2015.0.02.532 |
Ejemplares
Estado |
---|
ningún ejemplar |